fluorita

fluorita

(< fluor + 2 -ita)

s f [MINERAL]

Fluoruro de calcio, de fórmula CaF2. Do grupo dos haluros, cristaliza no sistema cúbico, case sempre en cubos ou octaedros. Ten unha dureza de 4 e unha densidade de 3,18. É incolora e transparente cando é pura, pero pode variar extraordinariamente. Fráxil e exfoliable en octaedros. É fluorescente baixo a luz ultravioleta, e ten brillo de vidro. Abundante na natureza, pódese atopar en filóns hidrotermais de temperatura media e alta e, como mineral accesorio, en rochas plutónicas. Emprégase sobre todo na metalurxia, como fundente, para a obtención de ácido fluorhídrico, no tratamento industrial da bauxita e na industria da cerámica. Tamén se denomina espato fluor.