fluorometría
fluorometría
(< fluoro- + -metría)
s
f
[QUÍM]
Método de análise química que se basea na medición da intensidade da fluorescencia emitida por algunhas substancias ao seren expostas á radiación ultravioleta, intensidade que adoita ser proporcional á concentración ata uns límites extremos moi baixos. Os instrumentos que se empregan son análogos aos fotocolorímetros, pero teñen o detector posto perpendicularmente á dirección do chorro de excitación e teñen filtros e dispositivos adicionais para evitar que chegue radiación dispersa ao detector.