fluoroscopia

fluoroscopia

(< fluoro- + -scopia)

s f [MED]

Exame dos tecidos nunha pantalla de fluorescencia con raios X. Permite a observación en forma dinámica e a visión dende posicións diferentes dunha zona. Emprégase para a diagnose de enfermidades do tórax e no estudo da cavidade abdominal, de maneira directa ou coa introdución previa dun contraste radioopaco. Existen métodos de intensificación da imaxe e fluoroscopia permanente con gravación por vídeo.