Flynn, Errol
Actor cinematográfico australiano. Despois de actuar en varias películas e obras de teatro en Londres chegou a Hollywood para traballar en exclusiva para os estudios Warner. A partir dese momento comezou unha carreira marcada por producións nas que sempre tiña o papel de heroe, como Captain Blood (Capitán Blood, 1935), The Charge of the Light Brigade (A carga da brigada lixeira, 1936), The Adventures of Robin Hood (Robin dos bosques, 1938), Dodge City (Dodge, cidade sen lei, 1939), Santa Fe Trail (Camiño a Santa Fe, 1940), They Died With Their Boots On (Morreron coas botas postas, 1941), Objective Burma! (Obxectivo: Birmania, 1945), Silver River (Río de prata, 1948), The Master of Ballantrae (O señor de Balantry, 1953) ou The Sun Also Rises (Festa, 1957).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hobart, Tasmania -
Deceso
Lugar : Vancouver, Canadá