fobia
fobia
(< lat científico phobia < gr -ϕοβία, de ϕόβος ‘temor’)
-
s
f
Aversión forte e apaixonada.
Ex: Tenlles fobia ós resabidos que entenden de todo e non saben de nada.
-
s
f
[MED]
Aversión apaixonada, angustiosa e obsesiva, xeralmente de carácter patolóxico, a persoas, obxectos, situacións ou actos. O mecanismo que a causa é a miúdo un conflito inconsciente. Hai diferentes técnicas psicoterapéuticas, como a desensibilización sistemática, que actúan de maneira eficaz sobre este trastorno.