Fobos

Fobos
[ASTRON]

Satélite de Marte que xira a unha distancia da superficie do planeta de 9.380 km, cun movemento retrógrado. Foi descuberto por Asaph Hall o 17 de agosto de 1877. A súa órbita ten unha excentricidade de 0,021 (case circular) e está situada no plano do ecuador do planeta. Ten a forma aproximada dun elipsoide e un período orbital de 7,7 horas, moito máis pequeno ca o de Marte. As fotografías tomadas polos vehículos Mariner e Viking amósano como unha gran rocha irregular coa superficie chea de cráteres.

Palabras veciñas

foam lay* | FOB | fobia | Fobos | Foc ani | 1 foca | 2 foca