Focas

Focas

Familia bizantina orixinaria de Capadocia. O xeneral Nicéforo Focas (ss IX-X) reconquistou Calabria aos árabes (885); o seu neto foi o Emperador Nicéforo II Focas . Un sobriño deste, Bardas Focas (?-989), rebelouse contra Xoán I Tsimiscés e máis tarde contra Basilio II. Proclamouse dúas veces emperador, no 971 e no 987, pero foi derrotado e as tropas de Basilio déronlle morte (989).

Palabras veciñas

focalizar | focar | Focas | Focas | Focea | Focea | focego -ga