Focea
Focea
Antiga cidade xónica situada na costa occidental de Asia Menor. Fundada segundo a lenda polos atenienses procedentes da Fócida cara ao s X a C, integrouse na Confederación Xonia dende o s VII a C. Destacou como punto de partida para expedicións de colonización no Mediterráneo Occidental e polas costas do S de España. Sobre o ano 600 a C fundaron Marsella e pouco tempo despois Empúries. Conquistada polos persas no 546 a C, os focenses emigraron masivamente ás colonias de Alalia e Massilia. Trala derrota contra os etruscos e os cartaxineses na Batalla de Alalia (537 a C), perdeu as súas colonias no Mediterráneo Occidental. Os romanos incorporárona á provincia de Asia no 196 a C.