Focillon, Henri
Focillon, Henri
Historiador da arte francés. Os seus estudios abranguen, cunha mentalidade ensaística, dende a arte medieval ata o s XX. Das súas obras destacan Piranesi (Piranesi, 1918); L’art des sculpteurs romans (A arte dos escultores románicos, 1931), onde enunciou a lei do marco; La vie des formes (A vida das formas, 1934) onde, partidario da teoría cíclica dos estilos, detectou unha vida propia case biolóxica das formas artísticas no decurso da historia; e o ensaio inacabado L’an mil (O ano mil, 1942).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Dijon -
Deceso
Lugar : New Haven, Connecticut