fociñudo -da

fociñudo -da

(< fociño)

  1. adx e s
    1. Que ou quen ten o fociño grande ou sobresaínte.

      Ex: Ten o nariz tan grande que lle chaman o fociñudo. Sae cunha moza alta e fociñuda.

    2. Que ou quen ten os beizos moi grosos.

  2. adx

    Que pon mala cara por estar enfadado.

    Ex: Enrabechárono e púxose todo fociñudo.

  3. adx

    Que é irritable ou está sempre de mal humor.

    Ex: Non fales co fociñudo do teu primo que todo o amola.

Palabras veciñas

fociño | Fociños | Fociños, Vicente | fociñudo -da | Focio | Foción | foco