Fodor, Jerry Alan
Fodor, Jerry Alan
Filósofo norteamericano. Doutor en Filosofía pola Princeton University, foi profesor da Rutgers University. Centrou os seus estudios no intento de unificar a filosofía da mente coa ciencia cognitiva. Desenvolveu a teoría dunha linguaxe do pensamento como sistema computacional de símbolos impreso na estrutura do noso cerebro con propiedades sintácticas e semánticas. Das súas obras destacan The language of thought (1975) e The mind does’nt work that way: the scope and limitis of computational psychology (2000). Recibiu, entre outros premios, o Fulbright Fellow da Oxford University e o Chancellor Greene Fellow da Princeton University. Foi membro da American Academy of Arts and Sciences.
Cronología
-
Nacemento