fogaza
fogaza
(< lat focacĭa ‘cocido no lume’)
s
f
Pan grande, redondo e plano, feito de centeo ou trigo que pesa máis dun quilo. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fogaza non estorba nin embaraza. A quen coce e amasa, non lle furtes a fogaza. O morto á mortalla e o vivo á fogaza. Xa que non hai fogazas, veñan as pandeiradas”.