bola
(< lat bŭlla)
-
s
f
Porción de masa de millo ou de trigo, de forma redonda, que pode ser grande e con moito miolo, ou esmagada e máis ben pequena. Cócese no forno e adoita sacarse antes do resto da fornada.
Ex: Merquei unha bola de pan de dous quilos.
Confrontacións: bica, torta. -
s
f
Pan moi delgado que ao cocer quedou sen miga e duro.
-
s
f
Bolo de fariña de flor e leite en forma de molete.
-
bola da parrañoa
Torta de pan que se fai collendo un anaco de masa e tirándoo con forza contra o fondo do forno, ao que se queda pegado.
-
bola do enterro
[ETN]
Peza de pan redonda que se lle entregaba ao cura que oficiaba o enterro.
-
bola do lar
Torta de millo cocida na lareira co lume da cociña. É costume comela moi quente. OBS: Nalgunhas zonas de Galicia tamén se adoita pronunciar bola con [ɔ] aberto.
Ex: Xa sabes o que di o refrán: bola do lar, comer e soprar.
Confrontacións: bica.
Frases feitas
-
Deixar rodar a bóla. Referíndose a un suceso ou negocio no que non se quere intervir, deixando que ben ou mal siga o seu curso; indica tamén unha certa indiferenza ante a marcha do asunto.
-
Non dar pé con bóla. Non acertar."