bóla

bóla

(

  1. s f

    Corpo que posúe forma esférica.

    Ex: Construíron un fermoso boneco feito con bólas de neve.

  2. s f

    Corpo esférico, de distintos materiais, empregado nalgúns deportes e xogos.

    Ex: Pasoulle a bóla e no último minuto marcou o gol da vitoria.

    Sinónimos: balón, pelota.
  3. s f

    Calquera obxecto que posúe unha forma esférica.

    Ex: Regaláronme unha bóla do mundo para estudiar Xeografía.

  4. s f pl

    Xogo infantil no que se tenta introducir unhas pequenas bólas de vidro ou barro nuns pequenos buracos feitos no chan, facéndoas chocar coas do contrario para afastalo da proximidade do oco.

    Ex: Eu sempre gañaba no xogo das bólas.

  5. s f pl

    Testículos.

  6. s f [ARQUEOL]

    Esferoide de pedra de múltiples facetas que presentaban arestas e ángulos que eran eliminados por un picado regular, acotío xeneralizado. Este obxecto esférico forma parte dos utensilios presentes no Acheulense superior africano. O seu diámetro é duns 80 mm. O uso da bóla puido ser doméstico ou cinexético.

  7. s f [ARQUIT]

    Motivo ornamental que consiste nunha esfera colocada como remate.

    Ex: O edificio está rematado con dúas grandes bólas.

  8. s f [HERÁLD]

    Figura esférica que se representa sombreada para darlle relevo, o que a distingue do besante e do disco.

  9. s f [MAT]

    Nun espazo métrico de distancia d, (E,d), conxunto de puntos x que cumpren que a distancia a un determinado punto fixo a é menor ou igual que un número fixo r; fálase entón da bóla de radio r e de centro a.

  10. s f [TECNOL]

    Peza esférica, de gran dureza e de gran resistencia ao desgaste, empregada como elemento de rodamento nas chumaceiras chamadas precisamente de bólas, como elemento para moer nos muíños de bólas, etc.

  11. bóla adiposa de Bichat [ANAT]

    Masa de graxa situada en cada meixela, entre o maseter e o bucinador, moi desenvolvida nos nenos.

  12. bóla de neve [FUNGO]

    Nome que reciben algúns cogomelos de cor branca do xénero Agaricus.

  13. bóla de neve [PLANTA]

    Planta de adorno, pertencente ás caprifoliáceas. É un arbusto con froitos en forma de pequenas bólas brancas. Nome que reciben as variedades empregadas en xardinería de arbustos do xénero Viburnum, apreciadas polo tamaño das inflorescencias brancas.

  14. bóla de sinais [MAR]

    Conxunto formado por dous ou tres discos, de lona ou metálicos, cruzados perpendicularmente e usados nos barcos e nos semáforos para efectuar sinais.

  15. bólas numeradas

    Bólas empregadas para xogar á lotería ou facer un sorteo. OBS: Esta forma presenta como pronuncia correcta un [ɔ] aberto.

Frases feitas

  • Deixar rodar a bóla. Referíndose a un suceso ou negocio no que non se quere intervir, deixando que ben ou mal siga o seu curso; indica tamén unha certa indiferenza ante a marcha do asunto.

  • Non dar pé con bóla. Non acertar."

Palabras veciñas

Bol, Ferdinand | Bol, Hans | bola | bóla | Bola de nieve | Bola, A | Bola, A