balón

balón

(< bala)

  1. s m [DEP]

    Pelota composta dunha cuberta e mais dunha cámara, inchable por medio dunha válvula, que se utiliza en diversos deportes e que varía o seu peso e as súas dimensións segundo a modalidade na que se empregue. O balón é xeralmente de forma esférica, excepto o empregado no rugby e nos deportes derivados (fútbol americano, fútbol australiano) que ten forma elíptica.

  2. s m [DEP]

    Xogo no que se utiliza o balón.

  3. s m [MAR]

    Bóla de caucho ou de calquera material plástico, que serve para a defensa do barco.

  4. s m [TECNOL]

    Recipiente de vidro de forma esférica, con colo prolongado.

  5. s m [TECNOL]

    Saco de goma ou de materias plásticas destinado a conter gases.

  6. balón medicinal [DEP/MED]

    Balón que ademais de aire ten no seu interior algún sólido (area, bóla de metal, etc) para aumentar o seu peso. Emprégase como elemento auxiliar en exercicios de formación corporal, ben para o acondicionamento físico deportivo, ben para tratamentos de rehabilitación despois das lesións.

Frases feitas

  • Balón de ensaio. Tentativa.

  • Balón de osíxeno. Axuda que se recibe para superar un momento difícil

Palabras veciñas

Baloira | Baloira | baloirar | balón | Balón | Balón, El | baloncesto