Baloira

Baloira
  1. [ONOM]

    ariante gráfica de Valoira, apelido de orixe toponímica. O nome de lugar Valoira é un composto formado a partir do latín valle ‘val’; o significado do segundo elemento -oira pode remitir tanto ao adxectivo latino aurea (en feminino concordando co xénero latino do substantivo) como á base prerromana *or/*oro ‘monte, costa, val, altura, elevación’. Xa que logo, aínda que debería presentar v- en función da súa etimoloxía, a miúdo este apelido aparece grafado con b-.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe oriúnda de Lalín. As súas armas levan, sobre campo de goles, unha baloira.

Palabras veciñas

Balogh, Thomas | baloira | Baloira | Baloira | baloirar | balón | Balón