Balogh, Thomas
Balogh, Thomas
Economista británico de orixe húngara. Estudiou en Budapest e en Berlín, e no 1931 estableceuse en Gran Bretaña. Especializouse en problemas de desenvolvemento e foi profesor no Balliol College de Oxford (1939). Foi asesor económico do goberno de Harold Wilson, conselleiro económico de gobernos de países do Terceiro Mundo e membro de diversos organismos internacionais. Entre as súas obras destacan: Economic Policy in Underdeveloped Areas and the Price Mechanism (Política económica nas áreas subdesenvolvidas e no mecanismo dos prezos, 1962) e Planing for Prosperity (Planificación para a prosperidade, 1963).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Budapest -
Deceso
Lugar : Londres