Foggia

Foggia

Capital da provincia homónima, na Puglia, Italia (154.871 h [2000]). A súa situación no centro do Tavoliere di Puglia, unha encrucillada de vías de comunicación, favoreceu o seu desenvolvemento ata convertela no primeiro centro distribuidor de gran (trigo) do Mezzogiorno adriático italiano. É unha cidade de aspecto moderno, reconstruída tralo terremoto de 1731. Ademais da actividade comercial, destaca a agrícola, con produción de hortalizas e froita e con cultivos de olivas e viña.