folgado -da

folgado -da

(< folgar)

  1. p reg

    de folgar ou folgarse.

  2. adx

    Que é moi grande ou máis amplo para o que contén, normalmente refírese á roupa.

    Ex: Adelgazou tanto que lle queda toda a roupa folgada.

  3. adx
    1. Que dispón de máis espazo do que sería necesario.

      Ex: Anque eramos moitos íamos folgados no coche.

    2. Que hai ou ten máis do que se precisa.

      Ex: Non corrades tanto porque ides folgados de tempo. Foron folgados de comida para facer a viaxe.

    3. Que non ten problemas económicos.

      Ex: Dende que lle tocou a lotería está folgado de cartos.

  4. adx

    Que non fai nada ou non ten moito traballo. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “A mocidade folgada trae á vellez arrastrada.”

    Ex: Hoxe estou folgado mándame facer algo.

  5. adx

    Aplícase á tarefa ou actividade que non necesita moito esforzo.

    Ex: Aquel era un traballo folgado e non necesitaba axuda.

  6. adx

    Aplícase ao terreo de labor que está en folga.

Palabras veciñas

folga | Folga | folgada | folgado -da | Folgado, Manuela | folganza | folgar