folga
(< folgar)
-
s
f
Situación en que está o que non realiza ningunha actividade ou descansa do traballo.
Sinónimos: descanso, ocio. -
s
f
Período de tempo que se deixa descansar un terreo de labor.
-
s
f
Anaco de tempo pequeno.
Ex: Díxome que esperase unha folga e estiven dúas horas agardando por el.
Sinónimos: momento. -
-
s
f
Suspensión colectiva do traballo destinada a facer presión por parte dos asalariados co obxecto de acadar algunha reivindicación, relativa xeralmente a melloras de soldo ou das condicións de traballo.
-
folga xeral /
[SOCIOL/POLÍT]
Suspensión temporal e voluntaria do traballo levada a cabo simultaneamente en todos os oficios dunha ou varias localidades por parte dos asalariados, co obxecto de acadar reivindicacións laborais ou políticas; pode ir acompañada doutras formas de acción, como piquetes ou manifestacións. Desde o marxismo e o sindicalismo revolucionario foi considerada como a mellor expresión da loita de clases, e o seu obxectivo final é conseguir a folga xeral revolucionaria como arma política para destruír o capitalismo. A reacción dos poderes públicos foi inicialmente a de reprimilas, como tamén o dereito de asociación obreira. Máis tarde, sen embargo, nos estados democráticos a presión do movemento obreiro conseguiu o seu recoñecemento e ditou unha lexislación na que fixaba as súas condicións e excepcións. A folga xeral quedou establecida como un dereito na maioría dos países, suxeito a regulación xurídica e limitado nalgúns servicios considerados básicos, como a seguridade, a sanidade ou os transportes. Os precedentes das folgas son moi antigos: xa na Baixa Idade Media os artesáns fixeron diversas paradas no traballo. A partir do s XV, co desenvolvemento da técnica, os conflitos sociais foron máis frecuentes. Pero foi coa Revolución Industrial e a aparición do proletariado cando as folgas se xeneralizaron. Nos primeiros anos a reacción dos traballadores dirixiuse contra as máquinas. Máis tarde, o anarquismo e o sindicalismo revolucionario formularon a teoría da folga xeral que, combinada con outras formas de acción directa, como o boicot e a sabotaxe, tiña que levar á emancipación do proletariado. As primeiras folgas estiveron moi unidas coa loita polo recoñecemento do dereito de asociación obreira e pola xornada de oito horas. O impacto da Revolución Rusa provocou un gran número de folgas en Europa, sobre todo no Reino Unido e Francia. En España, o dereito de folga non foi legalizado ata 1909. En 1938 o Fuero del Trabajo converteu novamente nun feito delituoso o dereito de folga; aínda así producíronse algunhas notables, como as de Barcelona (1951), a dos mineiros asturianos (1962) e a que tivo lugar en Euskadi en 1975 por mor do Proceso de Burgos . A Constitución de 1978 recoñeceu a folga como un dereito fundamental. En Galicia, no período democrático tiveron lugar dez folgas xerais convocadas en defensa dos sectores produtivos e en oposición ás reformas laborais presentadas polo goberno. Aconteceron os días 14 de febreiro, 12 de xullo e 29 de novembro de 1984, 2 de abril de 1992 e 15 de xuño de 2001, no ámbito galego exclusivamente, e o 20 de xuño de 1985, 14 de decembro de 1988, 28 de maio de 1992, 27 de xaneiro de 1994 e 20 de xuño de 2002 conxuntamente co resto do Estado.
-
s
f
-
folga de fame
[POLÍT]
Medida de loita non violenta que consiste na práctica do xaxún voluntario, se cómpre ata a inanición, para conseguir a satisfacción das reivindicacións.
Frases feitas
-
Andar de folga. Andar de festa e parranda.
-
Botar unha folga. Distraerse e divertirse.