folgura

folgura

(< folgar)

  1. s f

    Calidade ou situación do que é folgado.

    Ex: Co soldo que gaña vive con folgura. Movíase con folgura pola fábrica.

  2. s f [TECNOL]
    1. Espacio baleiro que queda entre dúas cousas que deberían encaixar a unha na outra ou rodear a unha á outra.

    2. Defecto de funcionamento do pistón dunha máquina de vapor que non se axusta ben á camisa ou ás paredes do cilindro, de xeito que permite que o vapor pase entre elas e poida atascar o pistón.