folía
folía
(< fr folie ‘loucura’)
-
s
f
Estado de excitación provocado pola paixón desenfreada.
-
s
f
[MÚS]
Danza de orixe portuguesa, moi alegre, que pasou a Europa a través de España. O seu tema melódico incorporouse á música instrumental e existen numerosas pezas musicais baseadas na súa melodía. Das diversas series de variacións sobre folía destacan as de J. S. Bach, F. Liszt e A. Corelli.