Foligno
Foligno
Cidade da provincia de Perugia, na Umbria, Italia, situada á beira esquerda do río Topino (52.318 h [2000]). É un núcleo industrial en rápida expansión, favorecido polo seu emprazamento, dominando o paso principal entre a chaira umbriana e a costa adriática. Posúe industria azucreira, téxtil, metalúrxica, papeleira e de pasta de sopa. Fundada polos romanos co nome de Fulginium, en 1305 pertenceu á familia Trinci e desde 1439 aos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da cidade romana, a catedral (ss XII-XVIII), a igrexa da abadía de Sassovivo e o palacio de Trinci (ss XIV-XV).