folla
(< lat folĭa pl neutro de folĭu)
-
s
f
-
[BOT]
Órgano laminar, xeralmente de crecemento limitado, que aparece lateralmente no talo ou nas pólas. A folla é un órgano característico do esporófito dos espermatófitos e dos pteridófitos. Unha folla típica consta de tres partes: o limbo, que é a parte laminar da folla, o pecíolo, que é o pedúnculo que sostén o limbo, e a vaíña, que é a base ensanchada do pecíolo. Nalgúns casos a folla é sésil e non ten pecíolo. Ás veces a folla presenta na base lígula ou estípulas. A folla ten dúas caras, unha superior ou anverso e outra inferior ou reverso. A medida e a forma das follas son moi variadas; así, segundo a forma do limbo pode ser cordiforme, espatulada, lanceolada, lineal, oval, runcinada, etc; segundo o acabado clasifícase en acuminada, aguda, emarxinada, mucronata, etc; e pola forma da beira do limbo, pode ser dentada, enteira, festonada, serrada, etc. A folla é simple se o limbo comprende unha soa lámina e é composta se este consta dunhas cantas láminas denominadas folíolos.
-
Conxunto de follas. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que se acolle debaixo de follas dobre de veces se molla.”
Ex: Hai que xuntar a folla que caeu co vento.
-
[BOT]
-
-
s
f
Lámina delgada de calquera materia.
Ex: Escribiu os datos nunha folla de papel. Comprou unha folla de bacallao.
-
folla de lata
Lámina de ferro ou aceiro recuberta de estaño polas dúas caras.
-
s
f
-
-
s
f
Cada unha das láminas rectangulares de papel que forman un libro, caderno, etc.
Ex: Pasaba as follas da revista con moita présa.
Sinónimos: páxina. -
s
f
Impreso formado por unha soa folla ou que non ten máis de catro.
-
s
f
Nome que forma parte do título dunha publicación periódica.
-
folla dominical
Boletín diocesano que se distribúe os domingos. Contén unha parte doutrinal, os textos litúrxicos do domingo, e unha última páxina reservada á información da actividade de cada parroquia.
-
s
f
-
s
f
Cada unha das partes móbiles de portas e ventás que abren ou pechan.
Ex: Abriu unha folla da fiestra para que entrara aire.
-
s
f
Lámina delgada de metal dun instrumento cortante.
Ex: Afiaba a folla do coitelo.
-
s
f
Cada unha das láminas ou escamas que se forman nunha masa que se exfolia.
-
s
f
Metade dunha peza de coiro coas súas beiras, incluíndo o occipicio, o colo e as faldras, que se obtén seguindo a liña do espiñazo.
-
s
f
[AGR]
Cada unha das partes nas que se divide un terro para ser cultivadas en anos alterno ou rotando cultivos.
-
[INFORM]
-
folla de cálculo
Programa que se utiliza para a xestión contable de conxuntos de datos.
-
folla de programación
Folla disposta para a escritura dun programa nunha linguaxe determinada.
-
folla electrónica
Programa que manexa nunha pantalla unha cuadrícula na que cada cadro pode almacenar información alfanumérica ou fórmulas nas que toman parte outros cadros.
-
folla de cálculo
-
[MAT]
-
s
f
Cada unha das partes conexas dunha superficie extensible.
-
follas de Riemann
Follas de Riemann.
-
s
f
-
[PREHIST]
-
folla de loureiro
Útil lítico delgado e longo con punta nun dos seus extremos e con numerosos retoques en ambas as caras. Foi característica do Solutrense.
-
folla de salgueiro
Útil lítico de forma próxima á folla de loureiro, aínda que moito máis estreito.
-
folla de loureiro
-
[HERÁLD]
-
folla de serra
Moble que consiste nunha folla de serra co dentado inferior (ou superior, e neste caso cabe indicalo), tocando as beiras do escudo e ocupando as posicións da faixa, da banda ou da barra.
-
folla mariña
Moble, moi empregado na heráldica alemana, cordiforme e entallado en forma de trevo pola parte inferior.
-
folla de serra
-
s
f
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘leito’.
-
folla de servicios
Documento onde consta o historial dun militar. Ata 1836, cando foron abolidas as probas de nobreza para ingresar no exército, especificábase nel a súa clase social.
-
follas voantes/ soltas
[FILOL]
Follas enroladas ou dobradas en que, na tradición manuscrita da Idade Media, se transmitiron unhas poucas composicións dun único autor. Un exemplo é Pergamiño Vindel qur foi utilizado como forro ou encadernación dun exemplar de De officiis de Cicerón. Esta denominación procede do termo alemán Liederblätter, creado por Gröber para definir un dos tres tipos de materiais que conformarían a difusión escrita da lírica.
-
folla-bloque
Efecto filatélico constituído por un selo de correos inserido no interior dunha folla ilustrada con motivos alegóricos á emisión. Para o franqueo de correspondencia abonda con pegar no envío o selo, normalmente perforado co dentado pola administración postal emisora.
Frases feitas
-
Virar a folla. Cambiar de tema nunha conversa ou de idea con respecto a algo.
Refráns
- A folla, cando enxoita, molla.