Folla Verde
Folla Verde
Publicación aparecida no concello coruñés de Oleiros a partir de xuño de 1984. Subtitulouse “De información medioambiental”. Editada polo propio goberno municipal, tentaba informar os veciños sobre as súas actuacións en favor da defensa da natureza. A partir de outubro de 1988 iniciou unha segunda época, na que a redacción correu a cargo do colectivo ecoloxista Biotopo. En decembro de 1990 inaugurou outra terceira época na que colaborou a dirección xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia.