Fomento de la Instrución Gallega
Fomento de la Instrución Gallega
Publicación mensual editada en Bos Aires a partir do 15 de agosto de 1909 como “Órgano de la sociedad Pro Escuela en Bandeira”. Cesou probablemente a súa edición en 1913. Dirixírona J. M. López e Antonio S. Freán. Incluíu, ademais de información societaria, novas sobre Galicia, artigos e colaboracións literarias. O 5 de febreiro de 1913 apareceu o xornal Lux que pretendía ser o seu continuador. No ano 2002, Ir Indo Edicións publicou unha edición facsimilar de ambos os dous xornais, coordinada por Xosé Manuel Ma-lheiro e acompañada dun estudo preliminar no que se analiza a situación educativa en Galicia a principios do s XX.