Foncebadón
Localidade do concello de Santa Colomba de Somoza, na comarca de La Maragatería, integrada na provincia de León e na Comunidade Autónoma de Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela. Aínda que a primeira referencia histórica data do 946 no reinado de Ramiro II nunha doazón ao mosteiro de Santa María de Tabladillo, a orixe da vila está na fundación por parte do ermitán Gaucelmo, co beneplácito de Afonso VI, dunha hospedería, unha igrexa e un hospital de peregrinos. En 1103 constátase a consolidación dunha pequena vila ao redor da igrexa de San Salvador, das hospederías de Fonsabatón e Irago e os hospitais de Santa María e San Xoán. Á saída do pobo atópase o milladoiro da Cruz de Ferro, que sinalaba a entrada da ruta framcíxena no Reino de Galicia, na comarca do Bierzo.