Fonda, Bridget

Fonda, Bridget

Actriz cinematográfica. Neta do actor Henry Fonda e filla do actor e realizador Peter Fonda, con vinte e tres anos debutou no cine con pequenos papeis secundarios. Na súa carreira cinematográfica participou en películas como The Godfather Part III (O padriño III, 1990), Singles (Solteiros, 1992), Little Budha (O pequeno Buda, 1993), It Could Happen to You (Pódeche pasar a ti, 1994) ou Rough Magic (Feitizo na ruta maia, 1995).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Los Angeles, California