Fonda, Jane

Fonda, Jane

Actriz cinematográfica. Filla do actor Henry Fonda, con dezasete anos debutou como actriz de teatro xunto ao seu pai, mentres estudiaba arte dramática no Actor’s Studio. En 1960 iniciou a súa carreira cinematográfica con películas como Tall Story (Casarei contigo, 1960), The Chapman Report (Confidencias de muller, 1962), Sunday in New York (Un domingo en Nova York, 1964), Barbarella (1968), Klute (1972), pola que recibiu o seu primeiro Oscar, The Blue Bird (O paxaro azul, 1976), Coming Home (O regreso, 1978), coa que gañou o seu segundo Oscar, On Golden Pond (O estanque dourado, 1981), Old Gringo (Gringo vello, 1989) ou Stanley and Iris (Cartas a Iris, 1990).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Nova York