Fontana i Lázaro, Josep
Licenciado en Filosofía e Letras (1956) e doutor en Historia (1970) pola Universitat de Barcelona. Dedicouse sobre todo a traballar sobre os modelos de transición do Antigo Réxime ao capitalismo, a formación do mercado na Península Ibérica, as revolucións de 1820 e 1868 e as relacións entre o diñeiro público e o desenvolvemento económico. Da súa extensa bibliografía salientan La quiebra de la monarquía absoluta, 1814-1820 (1972), que foi a súa tese doutoral, Cambio económico y actitudes políticas en la España del s XIX (1973), La crisis del Antiguo Régimen (1808-1833) (1979), España bajo el franquismo (1986) e Europa ante el espejo (1994). Dirixiu a Historia Universal Planeta, composta por doce volumes, e foi o autor do volume La época de las revoluciones (1991).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona