fonte
(< lat fŏnte)
-
s
f
[XEOL]
Lugar por onde sae ao exterior a auga que está baixo terra. O manto impermeable aflora e a auga sae polo manto freático superposto. Disntínguese entre fontes termais, que teñen como característica a elevada temperatura da auga; minerais ou medicinais que posúen unha auga rica en minerais; intermitentes, con forma de sifón, que ten que estar por enriba da auga freática, e que botan a auga de forma alterna; e as fontes vauclusianas cando sae a auga dun torrente ou río subterráneo, que é típica dos terreos cársticos.
-
s
f
[CONSTR/ARTE]
Construción formada por un muro de pedra onde vai metido un cano, pechado ou aberto. Adoita formar parte do uso campesiño e cómpre destacar varios tipos. A de cabaliño, que leva unha parede fronteira onde vai metido o cano constituído por un semicilindro cun rebaixe por riba para que poida correr a auga, ancheado na metade, onde hai un remanso para poder beber. Adoita estar rematada por unha cruz e dous pináculos. Moitas veces a auga recóllese nun tanque ou bebedoiro para o gando e de alí pasa a outro depósito, o lavadoiro, feito con lousas que pechan os catro lados e o fondo, e outras laxes inclinadas nas beiras para poder lavar a roupa. Outro tipo de fonte é o de pé de pedra aburatado, polo que sobe a auga que cae nun pilón por un cano de metal. Tamén son correntes as feitas nun nacemento de auga, que consisten nunha caixa de perpiaños cunha porta nun dos costados para coller a auga que sobe ata o cume dunha parediña e logo deita para fóra por riba dela. Segundo a tradición popular posúe unha extraordinaria dimensión e consideración que a converte nun ser con vida propia. A súa auga ten certas propiedades, como a de alongar a vida, especialmente se é collida antes do mencer do día de san Xoán. O contorno é máxico, por iso é escollido para a xuntanza das bruxas e a realización dos encantamentos. Co Cristianismo moitas delas foron dedicadas a santos, xa que a xente seguía a atribuírlle propiedades curativas. No eido da arte, tiveron unha grande importancia como estrutura unificadora de dous elementos: un natural, a auga, e outro construído, o depósito ou o receptáculo; e tamén como elemento urbanístico, ao estruturar un determinado contorno. En Grecia e Roma xa se construíron fontes monumentais e decorativas. En Grecia as fontes estaban formadas por un fornelo pero en Roma preferiron que a auga que saía das cabezas dos animais, das ánforas ou dos nenos que ouriñaban, caese nuns pratos. Na Idade Media as fontes eran sinxelas e escasas, e ás veces só consistían nunha pía cun cano por onde caía a auga a unha tina. O templete do lavabo, que tiña un surtidor e augamáns á vez, utilizárono os monxes cistercienses. No mundo árabe acadaron unha gran relevancia, entre outras, as fontes da Alhambra de Granada. No Barroco foron máis efectistas e posuían fervenzas e adornos, como a Fontana dei Fiume, na Piazza Navona de Roma, obra de Bernini. Este esquema repetiuse, entre outras, nas fontes do palacio de Versailles e na Fontana di Trevi e a Fontana del Tritone en Roma. Este tipo de fonte introducírono en España os Borbóns. Destacan, entre outras, a Cibeles de Madrid e as dos palacios reais de La Granja e Aranjuez. No s XIX popularizáronse as pequenas fontes de praza ou rúa, sen pretensións artísticas. No s XX engadíronselle o xogo de luces e cores que lle deron o seu carácter monumental. Na tradición oral recóllense ditos como: “Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes. Tanto vai o cántaro á fonte que á fin esfachícase e rompe”.
Sinónimos: fontana. -
s
f
Causa ou orixe dunha cousa.
Ex: A fonte do problema é que non ten cartos.
-
-
s
f
Lugar, medio ou persoa que proporcionan certa información ou inspiración.
Ex: Para levar a cabo a investigación consultou numerosas fontes. A fonte do policía era un veciño do asasino.
-
s
f
[BIBLIOT]
Documento de información orixinal e fiable ao que se recorre para saber algo sobre calquera tema.
-
fonte documental BIBLIOT
[BIBLIOT]
Entidade ou organismo que despois de elaborar a información, procedente de documentos primarios ou secundarios, facilita a súa consulta a través dun banco de datos.
-
s
f
-
s
f
-
Prato grande que se emprega para servir a comida.
Ex: A vaixela trae tres fontes grandes e dúas pequenas.
Confrontacións: bandexa. -
Cantidade de comida que cabe neste prato.
Ex: Puxéronnos dúas fontes de centolos e unha de bois.
-
-
s
f
Incisión que se realiza nun organismo e que se mantén de forma artificial con finalidade terapéutica.
-
s
f
Cada unha das dúas partes laterais da fronte, entre a orella e a órbita do ollo.
Sinónimos: tempa, vidalla. -
s
f
[PAT]
Úlcera varicosa.
-
[FÍS]
-
s
f
Elemento, corpo, dispositivo ou sistema que transmite algún tipo de partículas ou de enerxía.
Ex: O sol é fonte de luz e calor.
-
s
f
Un dos electrodos dun transistor de efecto de campo.
-
fonte de alimentación
Aparello ou sistema que fornece a enerxía que cómpre para o funcionamento dos dispositivos electrónicos nas diferentes tensións nas que traballa cada circuíto. Tamén se coñece como alimentador.
-
fonte de corrente
Dispositivo capaz de proporcionar unha corrente independente da tensión entre os seus terminais (se é unha fonte ideal de corrente) ou aproximadamente independente (se é unha fonte real de corrente).
-
fonte de tensión
Dispositivo capaz de abastecer entre os seus terminais unha tensión independente da corrente que o atravesa (se é unha fonte ideal de tensión) ou aproximadamente independente (se é unha fonte real de tensión).
-
s
f
-
s
f pl
Ocos situados xunta o ubre da vaca onde se mira para saber se vai ser leiteira ou non.
Frases feitas
-
Abrir/Deitar as fontes. Aumentar un manancial o seu caudal.
-
Ir á fonte e non ver a auga. Non decatarse de algo evidente, estar despistado.