Fonte
Fonte
-
[ONOM]
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica fonte. Adoita aparecer coas formas Da Fonte e De Fonte -precedido da preposición ou contracción indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe-, coa forma de plural Fontes, ou coas formas castelanizadas Fuente e Fuentes.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha fonte, de prata, de tres corpos. Outra variante leva, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa.