Forbes, Edward

Forbes, Edward

Naturalista británico, presidente da Geological Society de Londres e profesor de historia natural en Edimburgo. Estudiou a botánica, a zooloxía e a xeoloxía da conca mediterránea e tamén a flora e a fauna de Gran Bretaña. Está considerado un dos primeiros oceanógrafos. Abriu un novo campo de investigación ao demostrar que existía vida nas profundidades abisais. A súa obra fundamental é On the Connection between the Distribution of the Existing Fauna and Flora of the Bristih Isles and the Geological Changes which have affected their Area (1846).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Douglas, Illa de Man

  • Deceso

    Lugar : Wardic, Midlothian