forca

forca

(< lat furca)

  1. s f
    1. [DER]

      Instrumento usado para aplicar a pena de morte. Xeralmente é de madeira e está composto por dous paos cravados no chan ou sobre unha tarima, con outro pau a xeito de traveseiro na parte superior; ou ben dous paos en forma de 7 ou de T, dos que pendura unha corda cun lazo, coa que se aforca ao reo. Empregouse como sistema de execución en toda Europa durante a Idade Media. Persistiu no Reino Unido durante o s XX, ata a abolición da pena de morte. En España usouse ata 1832, ano no que se substituíu polo garrote vil. Na tradición oral recóllense ditos como: “Para os desgraciados fíxose a forca. Non lembres a forca na casa do aforcado. Non lle quero ben nin mal, mais folgaríame velo na forca espernexar.”

    2. [DER]

      Pao con dúas puntas e un traveseiro que se axustaba ao pescozo do reo ao que se lle quería causar afrenta. O verdugo paseaba así o reo a través das rúas.

  2. s f

    forcanza.

  3. s f [XEOG]

    Paso estreito entre montes.

  4. s f [PESCA]

    Aparello onde se poñían a secar as redes.

Refráns

  • A forca, para o seu dono.
  • Non lembres a forca na casa do aforeado.
  • Para os desgraciados fíxose a forca.

Palabras veciñas

forato | foraxido -da | Forbes, Edward | forca | forcada | Forcada | Forcada, A