Forcadas, As
Forcadas, As
Río da vertente atlántica, que desemboca na beira meridional da ría de Cedeira. Nace na parroquia de Labacengos (Moeche). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que penetra nas parroquias de Abade e San Xoán de Moeche, para penetrar despois no concello de San Sadurniño pola parroquia de Bardaos e, despois de virar cara ao N, no concello de Valdoviño pola parroquia de Vilaboa. Encorado pola presa augas abaixo, o encoro das Forcadas serve de límite ás parroquias de Vilaboa e Loira. Superada a presa, o seu curso baixo discorre entre Pantín e Vilarrube, onde desemboca despois dun percorrido duns 20 km.