forcado
forcado
(< forca)
-
s
m
forcanza.
-
s
m
Cada unha das dúas pezas que ten o arado de madeira a ambos lados da rella e que serven para remover a terra e anchear o suco.
Sinónimos: abeaca, orelleira. -
s
m
Estadullo en forma de Y que se coloca na parte dianteira do carro, entre o chedeiro e a cabezalla, para termar da carga.
-
s
m
Pao groso e longo con dúas ou tres gallas que se utiliza para calcar o bagazo ou remexer as papas ou roxóns.
-
s
m
[MAR]
Cavidade do casco da barca a proa, baixo o castelo.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á peza, especialmente a cruz, na que as súas extremidades presentan dúas ramas terminais amodo de forca.