Ford, Harrison
Actor cinematográfico estadounidense. Comezou con pequenos papeis en televisión e no cine que compaxinaba con outros traballos como camareiro ou carpinteiro. Gracias á súa amizade con George Lucas durante a rodaxe de American Graffiti (1973), conseguiu papeis protagonistas en producións de moito éxito como a saga da Guerra das Galaxias ou os papeis de Indiana Jones. Os títulos máis destacados da súa carreira cinematográfica son, entre outros, Star Wars (A guerra das galaxias, 1977), Apocalypse Now (1979), The Empire Strikes Back (O imperio contraataca, 1980), Raiders of the Lost Ark (Na busca da arca perdida, 1981), Blade Runner (1982), Return of the Jedi (O retorno do Jedi, 1983), Indiana Jones and the Temple of Doom (Indiana Jones e o templo maldito, 1984), Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1989), Regarding Henry (A propósito de Henry, 1991), The Fugitive (O fuxitivo, 1993), Air Force One (1997), What Lies Beneath (O que a verdade esconde, 2000) e K-19 (2002).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Chicago, Illinois