Foreman, Richard
Director de escena. Estivo vinculado á experimentación vangardista dos anos sesenta, e traballou desde a compañía Ontological-Hysteric Theatre, creada en 1968. A súa proposta parte das correntes minimalistas e de formas teatrais e artísticas como o happening ou a performance, eliminando a dimensión interpretativa e potenciando outros elementos escénicos como os obxectos, a música e as imaxes. Tamén é autor de diversos estudios teóricos e de textos literarios creados a partir das anotacións escritas nos seus diarios. Espectáculos seus foron The Book of Splendors (O libro dos esplendores, 1976), Egyptology (Exiptoloxía, 1983), Africanis Instrutus (1986), Pearls for Pigs (Margaridas para os porcos, 1997), ou Maria del Bosco (2002). Tamén dirixiu óperas e espectáculos a partir de obras de autores clásicos e contemporáneos para diversas compañías dos EE UU e Europa. A súa achega ao desenvolvemento das artes escénicas de finais do s XX foi fundamental, sobre todo no apartado da busca de novas linguaxes escénicas e novas maneiras de recrear e representar a acción dramática.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nova York