Forlì
Forlì
Capital da provincia de Forlí-Cesena, en Emilia-Romaña, Italia (107.650 h [2000]). Situada entre Monte Falterone e o Adriático, localización que favorece o comercio. A súa economía baséase na industria téxtil, química, de mobles e de zapatos. Fundada polos romanos nos inicios do s II a C, foi denominada Forum Livii en tempo de Xulio César. Vinculada aos xibelinos no s XI, foi señorío dos Ordelaffi (ss XIV-XV) e desde o s XVI señorío dos Estados Pontificios. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outras, as igrexas de San Mercuriale (s XII), San Filippo Neri (ss XVII-XVIII) e a catedral da Santa Croce e os palacios da Podestà (s XV) e de Foschi (ss XVIII-XIX) e a fortaleza de Catarina Sforza (ss XIV-XV).