Formoso
Formoso
Papa (891-896) e bispo de Porto (864). Foi enviado como legado xunto ao monarca búlgaro Boris I polo Papa Nicolao I (866) e serviu como mediador entre o Rei Lotario e a súa esposa (867). Excomungado por Xoán VIII (876), Marino I rehabilitouno no 883. Dende o papado enfrontouse co arcebispo de Colonia e cos partidarios de Focio en Constantinopla. Sufriu os ataques de Guido de Spoleto (892) e pediulle axuda a Arnulfo, rei de Xermania, que o derrotou no 894. En agradecemento coroou a Arnulfo emperador (896). Trala súa morte un grupo de nobres partidarios de Guido desenterraron o seu cadáver e xulgárono (897) no denominado Synodus ad cadaver.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma