Fornacalia
Fornacalia
Festividade móbil romana que se celebraba no mes de febreiro, antes do día 17, en honor de Fornax, deusa dos fornos. Tiña como obxectivo a purificación dos campos e a consagración dos seus lindes. Existía unha celebración pública, na que participaban as 30 curias, que consistía nun sacrificio no nome do pobo romano. As festas constaban dun sacrificio diante do forno acompañado dun banquete no que a escanda era o elemento principal.