formulario -ria
(< fórmula)
-
adx
Relativo ou pertencente á fórmula.
-
s
m
-
Conxunto de fórmulas.
Ex: Trae o formulario dos medicamentos.
-
Libro ou escrito que contén as fórmulas que se deben utilizar para a petición, expedición ou execución de algo.
-
-
s
m
Papel impreso que se utiliza como modelo para algúns trámites burocráticos, no que hai que cubrir algúns datos ou contestar algunhas preguntas.
Ex: Cubrín o formulario para ser socio do club.
Confrontacións: cuestionario. -
s
m
Recompilacións de documentos dos que se eliminaron os datos individuais para que sirvan de modelo para a redacción doutros do mesmo tipo. Malia que non se conservan, existen evidencias da súa existencia no antigo Exipto e no Alto Imperio Romano. Entre os máis antigos, destacan os da chancelería do Vaticano (s VII) e os empregados polo monxe Marculfo na chancelería carolinxia. A partir do s XI xeneralizouse o seu emprego en Italia, dende onde se estendeu por Europa. O exemplo máis antigo localizado en España é un formulario visigodo do s VII. Durante a Baixa Idade Media os formularios notariais sufriron a influencia do dereito romano.