formulario -ria

formulario -ria

(< fórmula)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á fórmula.

  2. s m
    1. Conxunto de fórmulas.

      Ex: Trae o formulario dos medicamentos.

    2. Libro ou escrito que contén as fórmulas que se deben utilizar para a petición, expedición ou execución de algo.

  3. s m

    Papel impreso que se utiliza como modelo para algúns trámites burocráticos, no que hai que cubrir algúns datos ou contestar algunhas preguntas.

    Ex: Cubrín o formulario para ser socio do club.

    Confrontacións: cuestionario.
  4. s m

    Recompilacións de documentos dos que se eliminaron os datos individuais para que sirvan de modelo para a redacción doutros do mesmo tipo. Malia que non se conservan, existen evidencias da súa existencia no antigo Exipto e no Alto Imperio Romano. Entre os máis antigos, destacan os da chancelería do Vaticano (s VII) e os empregados polo monxe Marculfo na chancelería carolinxia. A partir do s XI xeneralizouse o seu emprego en Italia, dende onde se estendeu por Europa. O exemplo máis antigo localizado en España é un formulario visigodo do s VII. Durante a Baixa Idade Media os formularios notariais sufriron a influencia do dereito romano.

Palabras veciñas

fórmula | formulación | formular | formulario -ria | formulismo | formulista | Fornacalia