Fornas, San Cristovo de

Fornas, San Cristovo de

Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe románica, foi construída na segunda metade do s XII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto con decoración axadrezada. O corpo da sancristía, de planta rectangular, é un engadido posterior. Nos muros da capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI. A porta principal está formada por unha dobre arquivolta, a exterior decorada con billetes e apoiada en columnas acobadeladas e a interior de aresta viva.