Fort Worth

Fort Worth

Cidade do estado de Texas, EE UU (534.694 h [2000]), situada na confluencia do Clear e o West, cabeceira do Trinity. Pertence á área metropolitana de Dallas. A súa economía baséase sobre todo na gandería e nos cereais, circunstancia que a converte no mercado máis importante do oeste de Texas. Tamén é un dos centros petrolíferos máis activos. Posúe industria aeronáutica e mecánica de transformación. Establecida en 1847 como posto da Armada, converteuse nun importante mercado de gando. Do seu patrimonio cultural destacan o Kimbell Art Museum e Fort Worth Art Museum.