FORTA
A Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos constituíuse o 5 de abril de 1989 e integra 8 canles autonómicas (Empresa Pública de la Radio y Televisión de Andalucía, Corporació Catalana de Radio i Televisió, Ente Público Radio Televisión Madrid, Entidad Pública Radiotelevisión Valenciana, Compañía da Radio Televisión de Galicia, Euskal Irrati Telebista, Televisión Autonómica de Canarias e Televisión Autonómica de Castilla-La Mancha). Tomando como referencia a independencia de cada un dos asociados, os seus principais obxectivos son: cooperación en acordos sobre dereitos de propiedade intelectual, colaboración en retransmisións, no intercambio de programas e en determinados servicios, e favorecemento da participación en organizacións profesionais nacionais e internacionais.