Fortes Bouzán, Xosé

Fortes Bouzán, Xosé

Militar. Ingresou na Academia Militar de Zaragoza (1953) e acadou o grao de tenente de artillería en 1957, ascendeu a capitán en 1966 e licenciouse en Filosofía e Letras (1969). Membro da Unión Militar Democrática (UMD), foi detido xunto con outros compañeiros (29.7.1975) e condenado a catro anos de prisión pola súa militancia. Foi indultado ao ano seguinte e dirixiu a revista infantil Vagalume (1976-1978). Concelleiro en Pontevedra (1979-1983), en 1998 foi nomeado subdirector da UIMP en Galicia. Colaborou en diversas publicacións como Teima e Historia 16. Das súas obras destacan: Qué son las Fuerzas Armadas? (1977) en colaboración con Restituto Valero, Proceso a nueve militares demócratas: las Fuerzas Armadas y la UMD (1983), xunto con Luís Otero, Historia de la ciudad de Pontevedra (1993) e Galicia e o mar (1995).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cotobade, Pontevedra