fosfocreatina

fosfocreatina

(< fosfo- + creatina)

Nome científico: [N-(fosfonoamidino)sarcosina:C<sub> 4</sub> H<sub> 10</sub> N<sub> 3</sub> O<sub> 5</sub> P]
s f [BIOQ]

Derivado fosfórico da creatina que se atopa nos músculos e outros tecidos dos vertebrados, onde é unha reserva de fosfatos de elevado potencial. A fosfocreatina cede o ácido fosfórico necesario para a fosforilación das hexosas que derivan do glicóxeno muscular con intervención do ácido adenílico, e fórmase o ATP a partir do ADP.