fosfolípido

fosfolípido

(< fosfo- + lípido)

s m [BIOQ]

Cada un dos lípidos complexos que conteñen ácido fosfórico e un ou máis ácidos graxos. Atópanse, case exclusivamente nas membranas celulares, onde son o compoñente principal, e en pequenas cantidades, nas graxas de depósito. O tecido nervioso é especialmente rico. Quimicamente son di- e triésteres que derivan de ácidos carboxílicos e ácido fosfórico, que esterifica, dunha banda, un dos alcois, e da outra, a glicerina (fosfoglicéridos ou glicerilfosfátidos) ou ben a esfingosina (esfingolípidos).

Sinónimos