fosforemia

fosforemia

(< fósforo + -emia)

s f [FISIOL]

Presencia de fósforo no sangue. A concentración normal sitúase entre 3 e 4,5 mg/100 ml, aínda que se poden atopar valores máis altos nos nenos. O fósforo sérico ou plasmático atópase principalmente en forma de fosfato inorgánico. O seu metabolismo relaciónase co do calcio e tamén coa hormona de crecemento. En ausencia de enfermidade paratiroide ou renal elévanse os niveis nos períodos de crecemento activo, nos nenos ou nas enfermidades con actividade excesiva da hormona de crecemento. Contrariamente diminúe no proceso de transferencia activa dos glícidos dende o sangue ata as células.

Sinónimos

Palabras veciñas

fosfonio | fosfoproteína | fosforar | fosforemia | fosforescencia | fosforescente | fosforescer